O Servizo de Publicacións ten como funcións principais a edición, difusión e intercambio do labor investigador realizado na Universidade e doutras obras de interese cultural e científico, e pode, adicionalmente, realizar traballos de imprenta.
A este servizo correspóndelle o desenvolvemento e realización de edicións de libros, monografías e publicacións periódicas. Dende o ano 1993, data da súa fundación, leva publicados máis de 300 títulos.