Estilística comparada da traducción. Proposta metodolóxica e aplicación práctica ó estudio do corpus TECTRA de traducción do inglés ó galego

Autor/es: Álvarez Lugrís, Alberto

ISBN/ISSN: 84-8158-180-1

Categoría: Banda vermella - Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais

Ano de edición: 2001

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 344

PVP: 18.03 euros

Presenta unha invitación a reflexionar sobre un novo enfoque do estudio académico da traducción e, en concreto, da rama empírico-descritiva dos denominados por Holmes e Toury Estudios de Traducción. Na primeira parte xustifícase a inclusión da Estilística Comparada dentro do conxunto de disciplinas auxiliares ou ferramentas ás que a compoñente teórica dos Estudios de Traducción pode recorrer para avaliar e xulgar experiencias reais de traducción. Dado o relativo desprestixio en que a Estilística Comparada caeu no pasado, debido ó uso de enfoques incorrectos e metodos errados, reformúlanse, antes de nada, os obxectivos, métodos e ferramentas da disciplina para podelos axeitar despois ás esixencias dos Estudios de Traducción. Na segunda parte preséntanse os materiais de traballo, principalmente o corpus TRECTA de traducción de novela vertidas do inglés ó galego. Na terceira parte exponse a aplicación da metodoloxía estilística a estudios de fenómenos microestructurais, así como as repercusións que no aparato teórico xeral poden te-los resultados destas investigacións. Acaba o libro cun glosario de termos da traductoloxía empregados no libro.


Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal