Implementación da política rexional na provincia de Pontevedra mediante o emprego de técnicas estatísticas

Autor/es: Sánchez Fernández, Patricio
López Vizcaíno, Mª. Esthe
Iglesias Patiño, Carlos L.

ISBN/ISSN: 84-8158-236-0

Categoría: Banda vermella - Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais

Ano de edición: 2003

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 108

PVP: 12.00 euros

A obra ten como obxectivo proporcionar un novo criterio á hora de tomar decisións no eido da política rexional. Con este fin empréganse dúas técnicas estatísticas, a análise factorial e a análise cluster. Ambas se empregan frecuentemente noutros campos científicos e constitúense como dous exemplos de técnicas estatísticas multivariantes.Actualmente, a implementación da política rexional en Galicia baséase en criterios univariantes referidos, fundamentalmente, a algunha macromagnitude económica. O traballo desenvólvese para a provincia de Pontevedra e un total de 39 variables demográficas, laborais, estructurais, fiscais e empresariais que posibilitan o establecemento dunhas pautas de actuación que poden completar axeitadamente as que actualmente se están a levar a cabo. O estudio complétase cun repaso da realidade socioeconómica de provincia, así como cun detalle das principais ferramentas con que conta a política rexional no ámbito estatal e comunitario.


Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal