Cálculo vectorial e ecuacións diferenciais

Autor/es: Besada Moráis, M.
García Cutrín, F. J.
Váquez Pampín, C.

ISBN/ISSN: 978-84-8158-405-9

Categoría: Banda verde - Manuais

Ano de edición: 2008

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 240

PVP: 12.00 euros

A materia que contén este libro está estructurado en 7 capítulos. Os tres primeiros recollen temas de integración múltiple, integrais de liña e de superficie. Seguen tres capítulos de ecuacións e sistemas de ecuacións diferenciais e un último capítulo sobre a transformada de Laplace como ferramenta auxiliar que permite resolver os problemas máis complexos dos tres capítulos anteriores.
Cada capítulo recolle o desenvolvemento teórico axeitado, intercalando os exemplos resoltos que se consideran necesarios tanto para a aclaración dos conceptos estudados como para a resolución dos exercicios que se propoñen a medida que se pechan bloques temáticos. Incluímos tamén en tódolos capítulos algunhas aplicacións básicas e interesantes que relacionan a teoría de cada capítulo coa química ou a física.
Dado que na actualidade é bastante habitual traballar cun programa de cálculo científico, tanto nas aplicacións puramente numéricas, como coas posibilidades simbólica e gráfica, ó final de cada capítulo incluímos unha sección dedicada a recoller a explicación do funcionamento das sentenzas de Matlab que se poden usar para cotexar as solucións de parte dos exercicios propostos, así como para resolver outros de máis dificultade, en canto a cálculo se refire. Cada capítulo términa cun índice de resultados dos exercicios propostos.


Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal