Vocabulario das artes gráficas. Obradoiro de encadernación

Autor/es: Souto García, María Belén

ISBN/ISSN: 84-8158-221-2

Categoría: Materiais lingüísticos

Ano de edición: 2002

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 72

PVP: 6.00 euros

O volume que estamos a presentar constitúe a primeira achega dunha colección de traballos lingüísticos e terminolóxicos que a Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, vai poñer á disposición da comunidade universitaria e de toda a sociedade galega para contribuír nas tarefas da elaboración da lingua galega. Como a elaboración terminolóxica require a difusión e espallamento dos materiais desenvolvidos entre tódolos destinatarios interesados -na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral-, acordouse poñer en marcha unha liña editorial específica no seo do catálogo de edicións do Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.


Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal