Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán. Baleirado terminolóxico documentado no Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo

Autor/es: Gómez Guinovart, Xavier
Torres Padín, Ánxeles

ISBN/ISSN: 84-8158-282-4

Categoría: Materiais lingüísticos

Ano de edición: 2005

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 540

PVP: 10.00 euros

O ámbito xurídico-administrativo é un dos recantos da nosa sociedade onde a lingua galega transitou en poucos anos da nada case completa a contar na actualidade cun corpus de materiais moi estimable. É precisamente este un dos aspectos máis alientables do vocabulario xurídico-administrativo que aquí presentamos: a selección de entradas procede dun corpus lingüísticos real que os autores do vocabulario recompilaron e sistematizaron para a súa difusión entre a comumidade universitaria e entre os especialistas e interesados en cada ámbito de coñecemento específico. Este tipo de iniciativas merecen o recoñecemento e os parabéns de todos e todas os que nos dedicamos ás actividades de promoción da lingua galega.


Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal