Autor: Xavier Simón Fernández
Damián Copena Rodríguez
ISBN/ISSN: 978-84-8158-603-9
Categoría: Banda vermella - Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais
Ano de edición: 2013
Formato: 17 x 24 cm
Número de páginas: 232
PVP: 14 euros
A publicación Enerxía eólica en Galicia: o seu impacto no medio rural recolle aspectos non sempre divulgados e coñecidos desta fonte enerxética. Nos distintos capítulos do libro diferentes expertos e axentes implicados no desenvolvemento eólico introdúcennos na análise dos impactos ambientais, sociais e económicos da enerxía eólica, principalmente dentro do ámbito galego máis tamén mediante estudos de caso de diferentes lugares do Estado. Esta publicación pretende servir para afondar, dun xeito didáctico e divulgativo, no debate sobre aspectos relevantes da enerxía eólica.