Homenaxe a Xosé Luis Sánchez Ferraces

Autor/es: Ana Acuña Trabazo
Aquilino Santiago Alonso Núñez
Xosé Antón Palacio Sánchez

ISBN/ISSN: 978-84-8158-695-4

Categoría: Homenaxes

Ano de edición: 2015

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 224

PVP: 15 euros

Este libro recolle once contribucións sobre lingua e literatura galega realizadas en honra de Xosé Luis Sánchez Ferraces con motivo da súa xubilación despois de 35 anos de maxisterio na Universidade de Vigo.

Trala presentación do labor investigador de Sánchez Ferraces nos eidos da filoloxía galego-portuguesa e da literatura hispanoamericana, inclúense as achegas de A. Acuña Trabazo, X. Alonso Montero, A.S. Alonso Núñez, X. H. Costas González, X. Antón Fernández Salgado, M. Forcadela, V. Fresco Barbeito, X. Lantes Vitureira, C. Noia Campos, A. Rodríguez Guerra e X. Soto Andión.


Documentos:
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal