Lingüística histórica e dialectoloxía: coordenadas do cambio lingüístico

Autor/es: Alexandre Rodríguez Guerra

ISBN/ISSN: 978-84-8158-728-9

Categoría: Banda vermella - Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais

Ano de edición: 2016

Formato: 17 x 24 cm

Número de páxinas: 330

PVP: 18 euros

Centrada nos eidos da lingüística histórica e mais da dialectoloxía, esta publicación consta de 14 traballos que se vertebran en cinco grandes capítulos. Neles, alén de reflexións xerais sobre o cambio lingüístico, a xeolingüística e a historia das linguas, ou verbo da ecdótica e a dialectoloxía, estúdanse exemplos concretos de cambios lingüísticos nos diferentes niveis: fonético, morfolóxico -o máis desenvolvido-, sintáctico e léxico. As linguas obxecto de estudo son galego e portugués, aínda que nalgunha investigación tamén se analizan outras linguas románicas.


Documentos:
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal