Datos do Servizo

O Servizo de Publicacións ten como funcións principais a edición, difusión e intercambio do labor investigador realizado na Universidade e doutras obras de interese cultural e científico, e pode realizar, adicionalmente, traballos de imprenta. A este servizo correspóndelle o desenvolvemento e realización de edicións de libros, monografías e publicacións periódicas. Unha comisión presidida polo director e formada por representantes do profesorado, do alumnado e do persoal de administración, establecerá a prioridade nas edicións e velará pola eficacia e calidade do Servizo. A edición, distribución, intercambio e venda de publicacións da Universidade de Vigo correspóndelle en exclusiva a este servizo, agás que o Consello de Goberno autorice expresamente outra cousa.

Dende o ano 1993, data de fundación do Servizo de Publicacións, publicáronse máis de 300 títulos. Nestes últimos anos este servizo experimentou un desenvolvemento no número de obras publicadas.

O Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo é membro da Asociación de Editoriales Universitarias Españolas.

Servizo de Publicacións - Campus de Vigo

Tel. 986 812 235

Biblioteca Central

sep@uvigo.es

36310 Vigo

www.uvigo.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal